Coñécenos mellor...

Desenvolvemos Proxectos Turísticos, Culturais e Educativos

In9 Eventos nace en 2009 como unha solución para empresas e institucións na busca de eventos coa distinción e calidade merecida, que aporten orixinalidade e innovación como factor diferenciador e que posicionen as súas marcas alá onde se exhiban. Orgullosos de Galicia, dos seus recursos e o seu patrimonio, o noso equipo intenta transmitir un anaco do mar e da terra en cada proxecto, confiando
nas materias primas, materiais e reinterpretación da nosa tradición nos diferentes eidos aplicables.

Flexibles, dinámicos e creativos, os distintos departamentos da empresa traballan arreo para que o resultado final se sitúe por riba das espectativas dos nosos clientes.

Bajar

Proxectos
Coordinación e Desenvolvemento de Proxectos

Dende a tramitación de subvencións ata a supervisión e organización no momento da execución, o noso equipo profesional con ampla experiencia encargarase da xestión e éxito de cada proposta.

Eventos
Deseño e Decoración de Eventos a Medida

Stands feriais, convencións, exposicións e calqueira evento social, cultural e gastronómico que requira un toque de deseño que lle de ese punto diferenciador.

Comunicación
Comunicación e Promoción

Creación, xestión e posicionamento nas redes sociais e medios online específicos para o evento, notas de prensa, negociación de publicidade e creación de ferramentas promocionais de diversa índole e adaptados ao público obxetivo.

Gastronomía
Área Gastronómica

Un dos puntos fortes da nosa traxectoria, avalada polo impecable bo facer do Grupo Chicolino, é o servizo de cáterings de diversa índole, demostracións de cociña en directo cos mellores profesionais do sector, catas, almorzos, etc.

Formación
Formación e Accións Educativas

Talleres infantís e de conciliación familiar, xantares educativos, cursos de formación en materia de cociña e sala e demáis aptitudes profesionais dentro do sector hosteleiro.

 

Clientes

A nosa mellor referencia de calidade e esforzo

Consellería do Mar
Secretaría Xeral da Emigración
Axencia Turismo de Galicia
Mar Galaica
Mancomunidade Arousa Norte
Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro
Concello de O Vicedo
Concello de Cedeira
Concello de Ribeira
Concello de A Pobra do Caramiñal
Concello de Boiro
Concello de Rianxo
Concello de O Grove
Federación Empresarios Barbanza
Repsol
Cofradía de Pescadores de Corme
Unión General de Trabajadores
Consellería do Medio Ambiente
Seguidores

+  

Seguidores en Facebook

Proxectos

+  

Proxectos Desarrollados

Días

+  

Días Dedicados

Cafés

+  

Cafés

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información aquí.